Ana Pontón retweeted
🌊 Con toda a forza da ría de Vigo e orgullo do que somos, empezamos a construír un futuro mellor!
Este #29N colle a papeleta do BNG para darlle peso político a Vigo e a Galiza en Madrid e defender a nosa xente traballadora e valente! ✊
Ana Pontón retweeted
⚡ O #29N toca escoller entre os intereses das eléctricas ou defender Galiza!
Somos produtores de enerxía e é de sentido común termos unha Tarifa Eléctrica Galega para abaratar a factura da luz. Vota BNG para poñer os nosos recursos ao servizo da sociedade galega! ✊
#EnGalizaBNG
Moitas grazas, Manuel, pola túa confianza no BNG. Por recoñecer o traballo que facemos en Madrid e por ter claro que Galiza precisa unha voz propia para defender a igualdade, os dereitos e unha vida digna.
Se o BNG está, Galiza está. Non vos imos fallar.
Manuel Rivas (escritor) ten unha mensaxe para ti
Ana Pontón retweeted
ACTO PÚBLICO ABERTO NA CORUÑA
- Palexco
- 26 de novembro
- 20 horas
#EnGalizaBNG
Ana Pontón retweeted
🟣 Este #25N e o #29N, as mulleres xogámonos a vida e os nosos dereitos!
Fronte aos recortes do PP e o negacionismo da ultradereita, o BNG é o dique de contención para blindar a igualdade, reforzar a atención ás vítimas e construír unha Galiza feminista. Ningún paso atrás! ✊
👉 drive.google.com/file/d/1Az0…
Este domingo, votemos desde o orgullo de ser galegas e feministas. Nin un só paso atrás nos dereitos das mulleres! #25N
Ana Pontón retweeted
As mulleres xogámonos a vida. Neste 25N dicímolo alto e claro: nin un paso atrás. Viva a Galiza feminista!
Ana Pontón retweeted
Os dereitos das mulleres non se negocian. A igualdade non admite pasos atrás.
Fronte aos discursos negacionistas, ao machismo e aos intentos da dereita de cuestionar conquistas que tanto custou conseguir, Galiza responde: máis feminismo, máis igualdade e máis liberdade.
A Galiza feminista non vai dar nin un paso atrás. 💜
#EnGalizaBNG
#VivaAGalizaFeminista
Hoxe, 25N, e todos os días do ano, dicímolo alto e claro: nin un paso atrás nos dereitos das mulleres. Saiamos ás rúas e o 29N ás urnas co BNG para frear a quen nos quere facer retroceder. Os nosos dereitos non se tocan.
A Galiza que queremos é libre de violencia machista. #25N
En Vilagarcía, defendendo unha ría de Arousa viva, produtiva e libre de ameazas como Altri. O 29N, vota BNG para defender as mariscadoras, a xente do mar e o futuro das nosas rías. Máis forza en Madrid para defender Galiza! #EnGalizaBNG
E aínda teñen a caradura de falar de "garrapatas".
Tamén por isto é tan importante que Ourense faga historia para ter en Madrid a voz forte, libre e honesta de Noa Presas este 29N.
elpais.com/espana/galicia/20…
Este domingo, votemos coa camiseta de Galiza para que Noa Presas sexa a voz de Ourense en Madrid! #EnGalizaBNG
Así é un día de campaña comigo. Comeza a recta final e imos con toda a forza! #EnGalizaBNG
Grazas Xulio, de corazón, polo teu apoio.
Por entender que é decisivo concentrar o voto no BNG, a forza que defende Galiza e que non vai pemitir nin un só retroceso en dereitos e liberdades.
Este 29N o voto que conta é ao BNG, por Galiza, por ti!
Canta enerxía, Ribeira! O 29N, enchamos as urnas de papeletas do BNG para darlle a Galiza a voz forte que merece en Madrid.
Acto de campaña en Ribeira. Para dar voz a Galiza, avanzar en dereitos e frear á dereita en Galiza, adiante co BNG.
#EnGalizaBNG
Ana Pontón retweeted
ENTREVISTA A NOA PRESAS NA RADIO GALEGA
- Martes 24 de novembro.
- A partir das 8.15 horas.
#EnGalizaBNG









