
Promoción, formación e divulgación: #tecnoloxíaLibre #culturaLibre #coñecementoLibre #comunicaciónLibre #recursosLibres 😬
Teo, España
Joined May 2017
- Tweets154
- Following23
- Followers93
- Likes52
E aquí nos tedes, festexando dixitalmente, e mantendo a distancia social, o FesTeo 2020, a festa das asociacións teenses ofrecéndovos un titorial de instalación de Linux Mint. #Aberteo no #Festeo youtu.be/1ghskubfdcw vía @YouTube
O vindeiro mércores, tedes un taller online moi moi interesante dereciclar ordenadores vellos para uso educativo da cativada. Máis información na seguinte ligazón. galicia.isf.es/blog/tele-obr…
Este sábado, a partires das 10:30 nos Tilos. Apuntádevos en aberteo.gal
facebook.com/aberteo/posts/6…
2
OFERTÓN!! Anticipámonos ao Venres Negro!!
facebook.com/aberteo/posts/5…
Xa nos están a chegar poemas de verso libre, pero queremos máis!! aquí tedes os premios, a raspberry para os adultos e a consola retro para a cativada! imprimirémolos e exporémolos polo auditorio da Ramallosa para que os vexades!!
libreteo.gal/versolibre
2
Lembrade que este sábado, na casa común de Oza a partir das 11:00h, tedes un prato pre-LibreTeo moi apetitoso e saudable (rir sempre o é) con Iñaki Quenerapú e o seu Internet divertido... ides vir?
Actualizamos o cartaz co logo actualizado do noso colaborador @dinahosting
E o que vos queriamos anunciar... Xa temos cartaz para o LibreTeo 2019 Este 23 de Novembro no Auditorio Constante Liste da Ramallosa vide a aprender, libremente, o que máis vos preste.
Mañá, teremos a web dispoñible para que poidades informarvos polo miúdo.
Seguídenos!!
Hoxe é 5 de Novembro... lembrades quen tiña que temer a quen?? Nunhas horas anunciaremos porque estivemos tan ausentes estas semanas...
A radio de A Xente de Teo xa agarda por nós... este sábado verédela funcionar, aprenderedes a usala e faredes unha locución radiofónica de anuncios con varias voces. A partir das 11:00h na casa común de Oza. Inscrición [email protected] Máis información en aberteo.gal
Replying to @toritogol2000
@toritogol2000 falarános de como se creou a radio online A Xente de Teo e como manexala. Patty Castro ensinaranos os diferentes tipos de programas radiofónicos e aprenderemos a grabar un anuncio con varias voces e como enganchar radiointes. Máis info no cartaz e na nosa web.
Bueno, pois apurando que xa quedan poucas prazas por cubrir, aínda estades a tempo! Mañá, de 11:00 a 14:00, a rapazada poderá a aprender a modelar en 3D reciclando... que non o credes? pois anotádeos e que volo conten. [email protected]
Esta semana non temos actividade programada (o noso presi ten que atender ás súas responsabilidades teatrais este sábado) pero para a seguinte si!! e tamén é para a cativada. Ide collendo sitio no mail [email protected] e xa vos imos contando de que vai...
Neste mes non paramos e xa temos outra actividade que propoñervos. Será tamén este sábado ás 11 da mañá na Casa Común de Oza e trataremos sobre abellas... queredes saber máis? iremos informando ao longo da semana...















