Asociación Española Contra o Cancro - Xunta Provincial da Coruña. Comprometidos na loita contra o cancro e na mellora da vida de pacientes e familiares 💚

A Coruña, España
Joined October 2018
O vindeiro 7 de novembro imos encher Cedeira de música e solidariedade 🎶💚 Celebraremos un concerto solidario no que os artistas locais serán os grandes protagonistas 🎤🎸 Moitas grazas ao Concello de @Cedeira_oficial e a @xeocabortegal 🫶 #TodosContraelCáncer #ContraelCáncer
32
💚 Coristanco viviu este domingo unha xornada histórica de solidariedade! 🍽️ Máis de 400 persoas reuníronse na nosa comida solidaria, nunha edición que bateu os rexistros de participación e que tivo un significado moi especial ao coincidir co 30º aniversario da Xunta Local.
1
16
Queremos agradecer de corazón a todas as persoas que asistiron, ao Concello de Coristanco e aos voluntarios e voluntarias que fixestes posible este encontro. A vosa participación demostra que, cando nos unimos, somos capaces de chegar máis lonxe.
1
4
👏 Parabéns á Xunta Local de Coristanco por estes 30 anos de traballo, compromiso e acompañamento. Que sexan moitos máis avanzando xuntos contra o cancro! 💚 #TodosContraelCáncer #ContraelCáncer
4
A solidariedade tamén pode deixar pegada no futuro 💚 A Asociación Española Contra o Cancro na provincia da Coruña e o Colexio Notarial de Galicia asinamos un convenio de colaboración para promover os legados e as herdanzas solidarias.
1
32
Os legados solidarios permiten que cada persoa, se así o desexa, poida prolongar o seu compromiso cunha causa social e contribuír a que a investigación avance e máis persoas reciban o apoio que precisan.
1
14
🫶 Grazas ao Colexio Notarial de Galicia por sumar esforzos para construír un futuro con máis investigación, máis acompañamento e máis esperanza. #TodosContraelCáncer #ContraelCáncer
18
💚 Esta fin de semana celebramos a quinta edición de Acougo, un encontro moi especial no que 10 familias con nenos e nenas que conviven cun diagnóstico de cancro compartiron tres días de convivencia, ocio e benestar no Pazo de Mariñán, en Bergondo 📍
1
33
Otilia Mourelo e Emilia Morandeira, da Xunta Provincial da Asociación, acompañaron as familias na inauguración e déronlles a benvida a este espazo de encontro e apoio. 👏 Grazas á Deputación da Coruña (@Depucoruna) pola cesión do Pazo de Mariñán.
1
12
Porque, ás veces, compartir o camiño con quen te comprende tamén é unha forma de atopar acougo 🫶 #TodosContraelCáncer #ContraelCáncer
7
A túa donación axuda a que poidamos estar onde mais se necesita: ao lado das persoas con cancro de mama e ás súas familias, dando resposta á súas necesidades hoxe e traballando para que teñan máis oportunidades mañá.
1
50
O cancro de mama non é unha única enfermidade. Existen distintos tipos e cada paciente afronta unha realidade diferente. 👉 Segundo as estimacións, en 2026 máis de 38.000 persoas serán diagnosticadas de cancro de mama en España.
1
1
55
Actualmente apoiamos 110 proxectos de investigación sobre o cancro de mama. Investigamos para: ✅ Mellorar o diagnóstico precoz. ✅ Desenvolver novos tratamentos. ✅ Frear a metástase. ✅ Avanzar cara a unha medicina máis personalizada. ✅ Humanizar a atención.
1
9