O podcast que dá a coñecer as minorías menos visibles que existen en Europa. Desde a diáspora, con @msabaris en Londres e dosdorei baixo o ceo azul de Bruxelas

Joined December 2020
🚨🎙️ Non podíamos marchar de vacacións sen episodio novo. E neste imos a outro continente. As illas Canarias 🇮🇨 teñen unha identidade de seu ben marcada, consecuencia da súa xeografía, a conquista castelá e unha historia de colonialismo e alienación ivoox.com/50-illas-canarias-…
1
6
14
2,544
Saúdos ós chec@s que celebran o día nacional e recordan os 108 anos desde a independencia de Checoslovaquia logo da disolución do Imp. dos Habsburgo. Unha república democrática con zonas ben prósperas, cunha potente base industrial e que integraba diferentes rexións e etnias
2
1
12
902
Daquela a minoría 🇩🇪, especialmente potente nos Sudetes e no sur de Moravia era máis numerosa que a poboación eslovaca. O auxe do irredentismo alemán e o triunfo do nazismo nos 30s en 🇩🇪 puxo en cuestión a lealdade á Rep. Checoslovaca dos 3.2M de alemáns que vivían nela.
4
117
En 🇬🇷 celebran hoxe o día do NON. Recordan a lacónica resposta do réxime de Metaxas ó ultimátum 🇮🇹 en 1940 e a entrada do país na IIGM. Mussolini e acólitos achaban que ían derrotar a 🇬🇷 pero ó pouco o exército grego ocupaba boa parte do sur da 🇦🇱 anexionada por 🇮🇹 no 39.
1
6
372
Por certo que hoxe é un día un pouco paradóxico xa que se ben é festivo nacional e celebrado por todas as correntes políticas, pero especialmente entre as esquerdas que sinalan o carácter antifascista da data. Pola contra, Metaxas o líder 🇬🇷 daquela era un ditador fascista.
1
57
Onte en Trieste celebraron o 72 aniversario da integración da cidade en 🇮🇹. Trieste foi desputada pola Iugoslavia de Tito e 🇮🇹 ó rematar a IIGM, estiveron a piques de entrar en guerra por ela. Co fin de rebaixar as tensións a ONU estableceu o Territorio Libre de Trieste.
3
10
64
6,925
Un estado baixo responsabilidade da ONU no que a zona A (coa cidade de Trieste) era administrada por 🇺🇸 e 🇬🇧 e a B (costa noroccidental de Istria) por Iugoslavia. No 1954 Iugoslavia anexionouse pola súa banda a zona B. Se queredes saber máis 👇 ivoox.com/en/petisco-lixeiro…
1
2
547
Por certo que aínda hoxe hai quen defende que Trieste e o seu territorio sexan un estado indepedente de Italia. Son poucos pero hainos.
3
3
421
Hoxe é san Demetrio, patrón de Tesalónica e ademais disto alí tamén celebran 114 anos desde que o exército 🇬🇷 entrou na cidade, durante a 1a guerra balkánica, logo de 500 anos de dominio turco. Tesalónica medio fora apalabrada pra 🇧🇬 pero os soldados gregos correron máis 😅
1
2
8
587
De feito o exército búlgaro chegou á cidade unhas horiñas máis tarde e esta carreira polo maior porto da rexión foi unha das razóns que provocou ó pouco a 2a guerra balkánica que basicamente foi un todos (🇬🇷🇷🇸🇷🇴🇲🇪, Imperio Otomano) contra 🇧🇬.
1
3
205
Daquela Tesalónica era unha típica cidade cosmopolita do Mediterráneo oriental con poboación sefardí, turca, grega, eslava, arrumana... Hoxe iso é case invisible.
4
109
🇦🇹 celebra hoxe o seu día nacional, unha república federal con 9 estados cunhas fronteiras que non mudaron desde hai un século. Mais en 1919 un destes estados federados, Vorarlberg votou nun referendum unirse a 🇨🇭(80% a favor). Finalmente a cousa quedou en nada.
1
1
9
477
Fundamentalmente porque a anexión suporía cambiar os equilibrios de poder en 🇨🇭, cunha maioría xermanófona aínda maior no país. Non foi o único referendum organizado en 🇦🇹 nesa altura. En Carintia onde vive unha minoría 🇸🇮 houbo un plebiscito pra establecer as novas fronteiras.
1
2
176
O 59% da poboación das comarcas da Carintia austríaca votou a favor de 🇦🇹 e desde aquela esta é a fronteira entre o país e Iugoslavia, e hoxe 🇸🇮. Con todo, a minoría eslovena en Carintia ten unha serie de dereitos colectivos, non sempre respectados polas autoridades.
3
109
Grandísima victoria electoral da Lista dos Estudantes en 🇷🇸, que acaba coa hexemonía dun SNS ben enquistado nas estruturas do poder. O Parlamento queda dividido neses 2 bloques con 7 deputados representando ás minorías 🇭🇺 (Vojvodina), 🇦🇱 (Preshevo) e bosníaca (Sandžak).
2
1
19
785
Hoxe hai eleccións en 🇷🇸, onde o SNS de Vučić busca manterse no poder tras 14 anos de hexemonía. Enfronte, a Lista dos Estudantes, formación nacida das protestas masivas contra a corrupción e clientelismo tralo accidente da estación de Novi Sad, que causou 16 mortos en 2024.
1
1
18
730
As eleccións seica van estar moi desputadas, e é capaz que os deputados que representan ás minorías do país acaben dando o goberno a unha ou a outra opción. Esas serían as que representan á minoría húngara de Vojvodina (con 6 deputados) ou bosníaca no Sandjak (con 2).
1
2
220
Coñecedes ós vellos crentes? Son unha comunidade escindida da Igrexa Ortodoxa Rusa tras as reformas relixiosas do século XVII. Millóns de fieis rexeitaron os cambios e sufriron persecucións e represión por décadas. Moitos fuxiron a zonas illadas de 🇷🇺 e arredores até hoxe.
2
2
7
260
Moitos acabaron en zonas remotas de Siberia, Karelia, algúns mesmo en Alaska... lonxe do poder das autoridades civís e relixiosas de Moscova. Son ultraconservadores no relixoso e no social. En 🇷🇴 mesmo son recoñecidos como unha minoría cun deputado fixo no parlamento.
1
1
121