Museo Diocesano Catedralicio de Lugo (@MDCLugo) header
Museo Diocesano Catedralicio de Lugo (@MDCLugo) profile picture

Un museo con máis dun século de historia. O museo de 1.139 parroquias e unha Catedral! Contacto: [email protected]

Lugo, España
Joined June 2017
Photo by Museo Diocesano Catedralicio de Lugo (@MDCLugo)Photo by Museo Diocesano Catedralicio de Lugo (@MDCLugo)Photo by Museo Diocesano Catedralicio de Lugo (@MDCLugo)Photo by Museo Diocesano Catedralicio de Lugo (@MDCLugo)Photo by Museo Diocesano Catedralicio de Lugo (@MDCLugo)Photo by Museo Diocesano Catedralicio de Lugo (@MDCLugo)Photo by Museo Diocesano Catedralicio de Lugo (@MDCLugo)Photo by Museo Diocesano Catedralicio de Lugo (@MDCLugo)Photo by Museo Diocesano Catedralicio de Lugo (@MDCLugo)Photo by Museo Diocesano Catedralicio de Lugo (@MDCLugo)
O Ecce Homo "escuro" será un dos protagonistas en Tempo de Arte Obras de Museo IV. A doutora da USC Begoña Fernández Rodríguez abordará o estudo de esta imaxe devocional da Catedral de Lugo o martes 24 no Seminario de Lugo. A asistencia ás conferencias é gratuita. agardámosvos!
1
5
72
O martes 24 de novembro, a doutora Ana Pérez Varela presentará a investigación sobre o templete de plata que Rey Montero fixo para o Santísimo Sacramento da Catedral de Lugo. Aínda podedes asistir a este ciclo de conferencias. máis info en: [email protected]
8
203
O catedrático Juan Monterroso Montero falará da iconografía do trascoro da Catedral de Lugo o vindeiro martes 24 de novembro no Seminario de Lugo. Tempo de Arte - Obras de Museo IV Acceso gratuito. Podedes anotarvos na web: forms.cloud.microsoft/Pages/…
7
194
O vindeiro 24 de novembro, Ferreiro Varela impartirá unha ponencia en Tempo de Arte Obra de Museo IV sobre o alabastro do Descendemento, unha das pezas máis valiosas da Catedral e do Museo Diocesano. O diario O Progreso xa falaba maravillas en 1974 desta xoia do noso museo. 😍
1
6
116
Xa está disponible o libro "Ponte. Unha historia a carón do Deza" de Diego Frade Amil. A Virxe dos Remedios, que sae neste traballo, está exposta de forma permanente no Museo Diocesano Catedralicio de Lugo. ✍️✍️✍️
1
15
642
Novo congreso sobre as pezas da Catedral e o Museo Diocesano Catedralicio de Lugo. Organizado en colaboración co grupo Iacobus. Inscrición gratuíta.Martes 24 de novembro no salón de actos do Seminario Conciliar de Lugo. Agardamos que vos guste. Inscrición aberta a todas e todos!
4
94
Felices Festas de San Froilán a tod@s! Amosamos a reliquia de San Froilán conservada nun brazo relicario e a imaxe do santo lucense no coro da Catedral de Lugo. Dous tesouros patrimoniais de nosa bimilenaria cidade de Lugo. #SanFroilan2026 #Lugo #Galicia
1
11
244
San Froilán volve á Capela Maior da Catedral de Lugo. Con motivo da Novena en honor de San Froilá a escultura de San Froilán do MDCL pode verse na Capela Maior da basílica. Unha xoia do século XVII e do estilo barroco en Galicia. 😍
3
2
17
609
O Martirio de San Sebastián. Século XVII. Estilo Barroco. Unha xoia da contrarreforma na sección Ad Sanctos do Museo Diocesano Catedralicio de Lugo.
1
16
317
Detalle dun dragón no antigo ferrollo da Catedral de Lugo. Pode verse na sección na zona central do triforio da Catedral de Lugo, dentro da colección do noso museo. 😍😍😍😍
7
161
Mañá comezan as XIX Xornadas do Peregrino, "Abrindo Camiños". A partir das 16.00 de mañá, sábado 5 de setembro, o noso museo colaborará con esta iniciativa recibindo aos participantes das xornadas. Agardamos que sexan un éxito!
1
5
90
Unha das xoias da arqueoloxía sagrada de Galicia está moi preto de ti! ✨ Este singular relevo de peixe de Santa Eulalia de Bóveda conecta cos primeiros séculos do cristianismo na nosa terra. Atoparalo na 2ª sección da exposición do Museo Diocesano Catedralicio de #Lugo 📍🏛️
1
10
217
Na sección Ad Sanctos do Museo Diocesano Catedralicio de Lugo atópase este impresionante brazo relicario en prata de 1614, que garda a tibia de San Froilán. 🦴✨ Cada 5 de outubro, a reliquia do patrón da cidade móstrase aos fieis na Capela Maior. 🏛️ #Lugo #Patrimonio
3
10
202
Nova investigación sobre as rexas da Catedral de Lugo a cargo do doutor Francisco Xavier Louzao Martínez (UDC). O traballo publicouse na revista Libros de la Corte e pode consultarse online na siguiente páxina: revistas.uam.es/librosdelaco… 👏👏👏
7
125
Feliz día da Asunción da Virxe. Esta pintura pertence ao Tesouro da Catedral de Lugo e pode admirarse na sala capitular da basílica, na sección Ars Picta do noso museo. 😍😍😍
10
126
☀️ O Sol e a Lúa no Museo Diocesano de Lugo 🌙 Sabías que os astros teñen un gran protagonismo no arte sacro? Un bo exemplo é esta impresionante cruz procesional de prata de San Cosme de Fiolleda. Na túa próxima visita, non te perdas estes detalles! ✨
1
12
229
Desde hoxe ata o vindeiro 15 de agosto pódese ver na Capela Maior da Catedral de Lugo a imaxe que o esculturaor Manuel Miranda Punin fixo da Patrona de Lugo, Nosa Señora dos Ollos Grandes. Non perdades a oportunidade de vela. 😍😍
1
12
273
Felicidades a todas as Martas! Na sección Ars Picta do noso museo podedes ver este cadro de Santa Marta vencendo á Tarasca. Nesta obra barroca vese o uso do claroscuro con unha gran pericia. 😍😍😍
1
7
245
🚩 A iconografía xacobea en todo o seu esplendor. Ollade este detalle do Santiago O Maior esculpido por Francisco de Moure (s. XVII) no coro da Catedral de Lugo. Bordón, venera e espada nunha obra cumbre do arte galego. 25 de xullo..o día do Apóstolo. #CamiñoDeSantiago #Galicia
1
15
381
Onte arrancaron as XVII Leccións Xacobeas Internacionais da USC. O director do noso museo presentou a investigación «O Apóstolo Santiago nas coleccións do Museo Diocesano Catedralicio de Lugo» Parabéns á organización pola súa profesionalidade e o éxito de participación! 👏
8
312