Xa podes encargar o teu calendario 2027 de QUOBIS de balde.
forms.gle/En2cHf5xTJH9WKgz7
Temas:
* Inventores galegos tecnoloxía de comunicacións
* Como a cuántica vai a afectar á maneira de comunicarnos
Quobis retweeted
📢 Seguimos en @MadridTechShow! Achégate ao noso stand (3F86) na zona Big Data & AI World e coñece os produtos e servizos das nosas empresas socias: @2beDigital, cloud.gal, @macrotest_ok, @Quobis, @Iluxvisual e @ScanMeNowES.
📸 Ademais, poderás probar in situ a tecnoloxía de @ScanMeNowES e @Iluxvisual 👉 Unha estrutura circular que, a través de avanzados sistemas de IA, crea xemelgos dixitais con gran precisión coma estes:
scanmenow.es/scenes/tsm26/in…
scanmenow.es/scenes/tsm26/in…
Esperámoste! 👏
clusterticgalicia.com/novas/…
Quobis retweeted
☝️ Aínda non visitaches o noso stand (3F86)? Estamos no espazo Big Data & AI World de @MadridTechShow, a feira líder de datos e intelixencia artificial que se celebra ata mañá en @IFEMA.
Apoiamos a seis das nosas empresas asociadas, amosando unha selección da tecnoloxía que desenvolven, que ofrece unha panorámica da innovación galega: diversa, competitiva e preparada para traballar ou colaborar con outras compañías e institucións a nivel nacional e internacional.
➤ @2beDigital: presentará os seus novos sistemas de crecemento dixital CORE, SCALE e ELITE, que conectan captación, conversión, automatización, IA e datos.
➤ cloud.gal: dará a coñecer Cloud ControlBox, unha solución para que os responsables de dirección e IT teñan control, visibilidade e goberno das súas contornas tecnolóxicas e dos seus custos desde un único punto.
➤ @ScanMeNowES: amosará a súa solución innovadora que permite obter avatares 3D hiperrealistas mediante tecnoloxía baseada en intelixencia artificial.
➤ @Iluxvisual: completan a creación dos xemelgos dixitais de ScanMeNow co desenvolvemento de contornas virtuais personalizadas para marcas e eventos.
➤ @macrotest_ok: compartirá a súa experiencia no desenvolvemento, mantemento, probas e integración con novas tecnoloxías de infraestruturas mainframe.
➤ @Quobis: abordará a seguridade na telefonía, a través das súas solucións para responder aos problemas actuais das chamadas de voz, como a fraude, o spam ou a suplantación de identidade.
🤝 Visítanos e descobre o potencial do sector tecnolóxico galego!
✍️ registro.techshowmadrid.es/m…
🌐 clusterticgalicia.com/novas/…
Quobis retweeted
▶️ Seguimos en Colombia, no congreso @ANDICOM! Poñendo en valor as capacidades e expertise das empresas tecnolóxicas galegas en: ciberseguridade, telecomunicacións seguras en sectores críticos, dereito dixital, IA ou servizos de dixitalización.
Coas nosas asociadas @WeAreAltia, @apdtic, authUSB, @Quobis, @redegal e @sgtech_hps, e grazas ao apoio do @IgapeXunta, no marco do Galicia FEDER 2021-2027, a través do programa de axudas para accións de promoción exterior conxunta das empresas galegas.
Coñece o que van presentar, aquí ⤵️
elcorreogallego.es/economia/…
Quobis retweeted
🔴 Hoxe presentamos cinco novos proxectos no marco do noso programa Tech Angels no @csacidadedastic.
Esta iniciativa busca conectar emprendedores e startups con compañías tecnolóxicas xa consolidadas co obxectivo de construír alianzas estratéxicas que axuden a converter ideas innovadoras en solucións escalables.
Nesta nova rolda de propostas, figuran ⤵️
🔹 Twucont: céntrase no deseño e coordinación de experiencias de movemento
🔹 PorMuchosMas: aspira a dixitalizar o pequeno comercio sen complexidades técnicas
🔹 Pilgrimfy: funciona como punto de encontro entre camiñantes e tecido comercial
🔹 Partener Collective: pretende conectar a interpretación coa tecnoloxía
🔹 UP_SPIRE: busca converter o benestar organizacional nun activo estratéxico
Grazas a ALDABA, Cuatro Digital, @cinfoTV, @DimensionaCT, @DosEspacios, Green Skills, @imatiainnova, @Ipglobalsl, Itelsis Group, @Merlin_Software, @Ozona_tech, @Quobis e @sgtech_hps por formar parte do programa Tech Angels e facilitar acceso a coñecemento especializado, mentoría e soporte tecnolóxico aos proxectos seleccionados.
🌐 clusterticgalicia.com/news/c…
📥 E lembrade! Aínda estades a tempo de presentar a vosa idea innovadora:
clusterticgalicia.com/tech-a…
Entrevista na Radio Galega
agalegaaudio.gal/videos/deta…
Quobis retweeted
🗓️ Anota na túa axenda! A nosa asociada @Quobis organiza un webinario o vindeiro martes, 23 xuño, ás 11:00 h, sobre "Como as Telco poden devolver a confianza na telefonía".
O baixo custo da canle e a irrupción da IA están a aumentar de forma exponencial tanto as estafas como o número de chamadas non desexadas.
📲 Neste seminario web descubrirás por que as defensas illadas xa non son suficientes contra a fraude telefónica e como os modelos de colaboración entre operadores están a marcar a diferenza en Europa.
Máis info e inscricións, aquí ⤵️
register.gotowebinar.com/#re…
Quobis retweeted
O programa Nexos 25 da @axenciaGAIN está a impulsar dous proxectos para responder á demanda de tecnoloxías avanzadas de mapeo e intelixencia espacial, no que participan as nosas asociadas @cinfoTV, @DeicomTec, @Quobis e @situm_es ⤵️
➤ XESTA: enfocado na necesidade de mellorar a xestión operativa, a coordinación de equipos e a resposta ante incidencias en contornas industriais.
➤ LEDITIA: centrado en mellorar a eficiencia operativa, a rastrexabilidade e a toma de decisións en terminais loxísticas portuarias mediante o desenvolvemento dunha plataforma tecnolóxica baseada en xemelgos dixitais.
codigocero.com/Nexos-25-impu…
Quobis retweeted
🏆 Hoxe queremos felicitar a tres das nosas empresas asociadas, que se atopan entre as 14 premiadas con 5 e 4 indicadores de excelencia ARDAN, que outorga o Consorcio @zonafrancavigo ⤵️
▸ @torusware, con 5 indicadores
▸ @Quobis e @velneo, con 4 indicadores
"(...) todas comparten trazos esenciais: rigor na xestión, capacidade de adaptación, ambición para mellorar e vontade de competir facendo as cousas ben", apuntou @regades, delegado do Estado na Zona Franca de Vigo.
A responsable do Servizo Ardán en Zona Franca, Susana Lama, apuntou que "representan unha parte especialmente dinámica e competitiva da economía galega".
O 4 de xuño recollerán os seus galardóns nunha gala que se celebrará no Palacio de Congresos Mar de Vigo.
codigocero.com/Os-Premios-Ar…
Quobis retweeted
🆕 @Quobis, 𝐧𝐮𝐞𝐯𝐨 𝐬𝐨𝐜𝐢𝐨 @ontech_innova
🟣 La compañía europea suma al ecosistema #onTech su liderazgo en la aplicación de tecnologías basadas en software libre al ámbito de las telecomunicaciones ofreciendo soluciones innovadoras pioneras
🌐 ontechinnovation.com/noticia…
Quobis retweeted
👏 Queremos felicitar ás nosas asociadas @WeAreAltia, Itelsis, @PlexusTech_, @Quobis e @os_de_R por destacar entre as empresas do "Atlas Gallego de la Empresa Comprometida 2025", que elabora @GaliciaED_, e que recoñece 👇
➭ O "Bo Goberno" de @WeAreAltia, @PlexusTech_ e @os_de_R.
➭ Compromiso coa "Contorna" de @Quobis, Itelsis e @os_de_R.
📑 Consulta o informe completo, aquí:
economiadigital.es/publicaci…
Quobis retweeted
📥 Xa están abertas as inscricións! ➡️ Para participar no webinario que organizamos, en colaboración co hub
@DATAlife_DIH, sobre "A nova regulación europea en comunicación e atención ao cliente".
📍Xoves, 12 de marzo, ás 15:30 h
🗣️ Jorge Cabaleiro, sales consultant en
@Quobis
afondará nos retos e oportunidades de negocio que supón o cambio de normativa na prestación de servizos de verificación, interoperabilidade, análise de datos, consultoría de cumprimento e desenvolvemento de solucións tecnolóxicas adaptadas.
🔎 Consulta o programa completo e rexístrate ⤵️
clusterticgalicia.com/news/r…
Quobis retweeted
A directora da Axencia Galega de Innovación visitou tamén as empresas galegas presentes no evento, como as startups nacidas do programa #Ignicia @edgeContinuum e Serenia Solutions e as tecnolóxicas @cinfoTV e @Quobis
Quobis retweeted
Dende o Clúster TIC Galicia seguimos a visibilizar os proxectos baseados en intelixencia artificial, desenvolvidos polas nosas empresas socias ao abeiro do @IgapeXunta.
Fixémolo a través dun evento que contou cunha gran representación do sector, no que as propias compañías puideron explicar as súas solucións, aplicables a ámbitos tan diversos como o agroalimentario, a enerxía, a loxística, a moda, a alimentación, a ciberseguridade ou a Administración.
@Avansig, @cinfoTV, @DeicomTec, @EMETEL, @Galvintec, @Iluxvisual, @imatiainnova, @imaxinsoftware, In2AI, @PlexusTech_, @prefapp, @Quobis, Situm, @6tema, SREC Solutions, Tesla Technologies & Software, @torusware & Vegalsa-Eroski, Torusware & @SelmarkLingerie, TripleAlpha e @VisualPublinet.
🗞️ Estes son algúns dos medios que se fixeron eco da noticia 👇
Quobis retweeted
As nosas asociadas @cinfoTV e @Quobis exhibirán o potencial tecnolóxico galego no Pavillón de España da @MWCapital Barcelona, que terá lugar do 2 ao 5 de marzo na cidade condal.
Cinfo presentará varias das súas tecnoloxías máis destacadas no ámbito audiovisual e de intelixencia artificial, como 👇
✔️ Solucións de produción automática avanzada, como a súa plataforma tiivii.tv, que emite contidos das principais ligas deportivas de Galicia.
✔️ Sistema de VAR sincronizado con 9 cámaras.
✔️ Realización en interiores.
✔️ Plataforma de axentes de IA.
Pola súa banda, Quobis dará a coñecer as súas “Trusted communications”, a estratexia multicapa coa que a compañía busca construír un ecosistema de comunicacións seguro e confiable.
clusterticgalicia.com/novas/…


































