📸 Alberte Pereira abre unha fiestra á memoria viva da Serra d’Arga cunha exposición que convida a descubrir un rural que resiste ao paso do tempo.
🖼️ Do 31 de outubro ao 29 de novembro
📍 Sala de Exposicións
Máis ℹ️ orosal.gal/alberte-pereira-a…
#ORosal #Exposición #Fotografía
🖤 Dende o Concello do Rosal queremos trasladar todo o noso agarimo e apoio ás vítimas, familiares e persoas achegadas do grave accidente de tren ocorrido esta mañá en Urda, en Toledo.
🚛 Modernizamos os servizos municipais coa incorporación dun camión 100% eléctrico ⚡ para a recollida separada de restos vexetais 🌱 dos desbroces municipais ou do punto verde.
👉 Permitirá recoller máis de 52 toneladas ao ano.
Máis ℹ️ orosal.gal/o-rosal-conta-cun…
♻️🚛 O Punto Limpo Móbil estará estas dúas semanas no Camiño de Baltas en Marzán!
📍 maps.app.goo.gl/5ZrQ5XRUxTKz…
Un xeito cómodo, responsable e seguro de deixar aqueles residuos como pilas, aparellos electrónicos, aceites ou outros que non deben ir ao colector!
#ÚneteAoCambio
#DeAvoasaNetas estivo presente nas xornadas “Género, Producción y Cuidados a través de la Perspectiva Transhistórica” de #Coidarq para dar a coñecer o noso proxecto. 🎥
💌 Grazas por contar connosco e por servir de altavoz ás voces rosaleiras!
youtube.com/watch?v=Wd1osHHQ…
💬 A fenda salarial non desaparece cando deixamos de traballar.
☕💜 Os #CafésEnIgualdade poñen sobre a mesa a desigualdade económica con Fátima Rodríguez, psicóloga de Talentea RRHH.
📅 Xoves 29
🕠 17.30 h
📍 Cafetería Nenza Xida
🎟️ De balde
Máis ℹ️ orosal.gal/cafes-en-igualdad…
🥾Nova etada do noso #ORosalCamiña de Arcade a Pontevedra!
A cuarta etapa deixounos quilómetros nas pernas, risas e un ambiente de dez! Desta volta, o camiño levounos ata Santa María de Alba, con recepción oficial en Pontevedra incluída.
🥰Seguimos sumando pasos e bos momentos!
Aurora contounos na súa entrevista a diversión dos rapaces e rapazas facendo o arco para as festas.
🗣️ “ […] faíanos os domingos ás tardes aí no… no escampado do Trinidá, xuntábanos os rapaces todos e alí faíanos […] e pasámolo pipa a faer o arco”.
💜 #DenigrantesComediantes presenta #OQueCalamos, unha obra que pon voz ás mulleres que sofren violencia de xénero e nos convida a reflexionar.
📅 Hoxe, domingo 25
🕖 19.00 h
📍 Auditorio municipal
🎟️ De balde ata completar aforo
🎶 A Coral da Agrupación Musical do Rosal celebra o seu aniversario co tradicional #ConcertodeOutono. 🍂
Estará acompañada ➡️ pola Coral Polifónica Estradense e a Coral Beato Sebastián Aparicio da Gudiña.
📅 Sábado 24
🕗 20.00 h
📍 Auditorio municipal
🎟️ Entrada de balde
🐐 Nova misión nos #VenresRebuldeiros: axudar a Chiña a desenredar todas esas emocións que ten revoltas! 😜
Contos, música, xogos e moita diversión con Noelia Porto e ‘Estás como unha cabra’.
📅 Esta tarde, venres 23
🕕 18.00 h
📍 Biblioteca municipal
#ORosal #LerContaMoito
🏍️ O Rosal acolle este sábado 24 a I Quedada e Exposición Moteira en homenaxe a Brais Otero.
🚦 Reforzarase o operativo da Garda Civil de Tráfico e colaborarán Garda Civil da Guarda, Policía Local e Protección Civil do Rosal para velar pola seguridade durante a xornada.
🔪 O señor dos coitelos vive no Rosal!
📰 Unha historia ben curiosa que nos achega @lavozdegalicia. 👀
lavozdegalicia.es/noticia/vi…
☕💜 Volven os #CafésEnIgualdade con tres novas citas para continuar #RevolucionandoMentes.
📆 29/10
➡️ A brecha salarial @talentearrhh
📆 26/11
➡️ As que nos sosteñen #AGAformacion
📆 17/12
➡️ A feminidade en tempos de TikTok #PrismaIgualdade
Máis ℹ️ orosal.gal/tres-novas-citas-…
🚨 A sanidade pública non pode esperar!
Volvemos saír á rúa para reclamar máis persoal sanitario e unha atención digna e de calidade para toda a veciñanza.
📅 Xoves 22 de outubro
🕛 12.00 h
📍 Diante do Centro de Saúde do Rosal
✊ Agardámoste!
Aurora Rodríguez Correa naceu en Marzán o 13 de outubro de 1945, no seo dunha familia labrega composta polos seus pais e outros dous irmáns.
🎶 Garda na memoria celebracións como a dos Reis, cando mozas e mozos de Marzán se xuntaban para ir cantar de casa en casa con pandeiretas e ferriños. E a festa de San Vicente. “Pasabámolo pipa a facer o arco” e pedindo millo polas casas para recadar fondos para a celebración.






















