Pinned Tweet
Hoxe chega ás librarías «O meu amigo Federico» con vontade de se facer amigo de quen queira facer teatro.
Iván R. pintou os decorados e Triqueta Editora montou o escenario. Eu fixen o guión. Agora buscamos quen represente a obra, e oxalá que vos animedes.
Comeza a función!
non haberá canapés deliciosos do Consello da Unión Europea nesta Welcome Reception for Newcomers ao que vou en calidade de convidado que me vaian facer deixar de pensar que “expatriate”, por moito que a esta xente lle guste dicilo, só é un xeito yassificado de dicir “migrante”
7
690
Feijóo é un miserable, os gardas civís de Valencia son uns miserables, os gardas civís de todas as partes son uns miserables, a autoridade que nega ou desatende o cambio climático é criminal e miserable, hai que facer todo canto un poida facer para non ser nunca así de miserable.
case constante, solapada en todo caso, / razoable sempre
Un poema de Olvido García Valdés traducido ao galego; exigua forma de agradecerlle a compaña que me fai o seu libro, a que me leva facendo.
jesus-cy.medium.com/un-poema…
Vin Miséricorde hai case unha semana e non a saco da cabeza.
Que intelixente o humor de Guiraudie e que ben entende que o sexo ten tanto de elipse como de baile, que é algo que facemos pero sobre todo algo que se nos ve.
Escena post-créditos: esta guanteira ao saír do cine.
4
1,123
Non leva máis dun minuto axudar co que poidades ao Ghassan Abu Sittah Children's Fund.
Brindan atención médica e transportan nenos enfermos e feridos en Palestina para axudar na súa recuperación.
Se non podedes aportar cartos, contribuíde a difundilo.
act.upaconnect.org/give/5535…
Si Marie Redonnet a 1 million de lecteurs, j'en fais partie.
Si Marie Redonnet a 1000 lecteurs, j'en fais partie
Si Marie Redonnet a 10 lecteurs (et je pense que c’est la réalité), j'en fais partie.
Si Marie Redonnet n’a pas de lecteurs, alors je suis mort.
6
453
Apréndese moito (sobre explicacións históricas para a masacre actual, sobre odio xudeu europeo, sobre a resistencia do pobo palestino) lendo esta entrevista de Tariq Ali a Rashid Khalidi.
jacobinlat.com/2024/09/el-cu…
6
561
Revenge, de Coralie Fargeat, é a película máis magnética —e mira que odio usar este epíteto tan carlosboyeresco, pero é que foi así— que teño visto desde Fury Road e que comparte con esta:
a) o sublime do deserto.
b) mulleres poñendo a señores no seu sitio.
2
5
Comparte con Anora algo que me frustrou moito da última película de Sean Baker, director do que espero máis que do seu último traballo: son películas que dependen da súa protagonista e que, malia todo, non só non se interesan por elas senón que mesmo desprecian e deixan de lado.
1
494
Desde o pasado xoves non quito da cabeza o vídeo de Yahya Sinwar enfrontándose ao dron militar que o grava nun edificio en ruínas, mirando á cámara e cun brazo amputado, e aínda así resistindo con admirable dignidade momentos antes de morrer.
Pero prefiro compartir este outro.
E vén ao pensamento isto de Carson:
"Warfare has grown increasingly faceless throughout its history. Surely Hektor and Achilles looked into each other's eyes on the battlefield, but in 1092 Pope Urban II found it necessary to outlaw the crossbow as being inglorious due to...
...its distance from death, and by the 21st century a soldier in Nevada can push a button and have five people in Pakistan burst into flame. Without the face, no ethics: this is an old idea."
E tamén esta entrevista de Francesca Borri a Sinwar no 2018: europeanpressprize.com/artic…











