A Fan Zone despois da festa. Unha aperta aos servizos de limpeza, que van ter unha noite longa, e non de festa precisamente...
Campións da Copa, líderes da Liga e agora clasificados para a final a oito na Champions. Que bestas os liceístas!
Entre os numerosos detalles atractivos que paga a pena ver no museo do Deportivo, esta corneta que a moitos nos leva directamente á nosa infancia en Riazor. Cantos a lembrades?
Unha vitoria por 1-0 no hockey tamén pode ser extraordinariamente fermosa, máis aínda se é do @HockeyClubLiceo diante do super poderoso Barcelona e con gol galego, Bruno Saavedra, a dous minutos do final. Gran semana dos liceístas, que trataron de ti aos xigantes Benfica e Barça.
Exhibición do @basquetcoruna diante do Fuenlabrada cun baloncesto vistoso e pleno de talento individual e colectivo. Gran golpe de autoridade sobre un rival directo que aínda non perdera. Seis de seis! Líder moi, moi firme.










